Novela e memoria culturala ficcionalización do franquismo na narrativa galega (2000-2015)

  1. Rivadulla Costa, Diego
Dirixida por:
  1. Carlos Paulo Martínez Pereiro Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de xaneiro de 2020

Tribunal:
  1. Antonio Sáez Delgado Presidente/a
  2. Mª. Teresa López Fernández Secretario/a
  3. Ascensión Rivas Hernández Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 615091 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A memoria da sublevación militar de 1936 e do franquismo tense convertido nun dos temas máis cultivados na narrativa galega dos últimos anos, no contexto de eclosión da denominada “memoria histórica” no conxunto do Estado español e dun crecente interese polo pasado traumático recente en todos os ámbitos da esfera pública. O obxectivo principal desta tese de doutoramento é estudar este fenómeno emerxente do punto de vista literario e en relación coa súa dimensión social, a través da análise exhaustiva das formas de representación do franquismo nun corpus representativo de novelas da memoria publicadas no período 2000-2015. A aproximación a estas obras de ficción desde a perspectiva dos estudos de memoria cultural permite reparar especialmente na relación entre os textos e o contexto en que se producen, polo que se ven fortemente influídos, ben como comprobar que estas prácticas literarias funcionan como medios de construción da memoria colectiva da sociedade galega do século XXI, a través das que os autores e autoras participan no debate público en torno da recuperación e xestión do pasado recente.