Breve ensaio histórico do estudo da fraseoloxía rusa (dende os seus inicios ata mediados da segunda metade do s. XX)

  1. Velasco Menéndez, Josefina
Revista:
Cadernos de fraseoloxía galega
  1. Ferro Ruibal, Xesús (dir.)

ISSN: 1698-7861

Ano de publicación: 2013

Número: 15

Páxinas: 411-438

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega

Resumo

No presente artigo realízase un breve estudo panorámico da investigación fraseolóxica na lingüística rusa. A presentación das premisas lexicográficas e teóricas da fraseoloxía e mais as contribucións de diversos autores preséntanse en orde cronolóxica, o que permite apreciar o seu desenvolvemento histórico deste campo. Tamén se estudan os métodos lingüísticos máis coñecidos realizados polos estudosos rusos nas investigacións no campo da fraseoloxía. A intención é resaltar o máis destacado e importante das súas concepcións e achegas ao estudo da fraseoloxía, mesmo naqueles casos nos que se trata de achegas que tratan só aspectos parciais. Cada estudo, cada modelo de análise científico ten a súa xustificación dentro do marco das condicións históricas e dos principios filosóficos que o determinen na medida en que contribúa ao esclarecemento do obxecto de estudo, é dicir, a fraseoloxía e a unidade fraseolóxica.