Corrupción y trata de seres humanosanálisis de las relaciones entre ambos delitos y su plasmación en el ordenamiento jurídico-penal

  1. Rodríguez-López, Silvia
Dirixida por:
  1. Patricia Faraldo-Cabana Co-director
  2. Luz María Puente Aba Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 12 de febreiro de 2021

Tribunal:
  1. Ana Isabel Pérez Cepeda Presidenta
  2. José Ángel Brandariz García Secretario/a
  3. May-Len Skilbrei Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 650201 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente tese de doutoramento ten como principais obxectivos examinar os vínculos entre a trata de seres humanos e a corrupción, e analizar criticamente a resposta do Dereito Penal no tocante á participación de funcionarios públicos na trata. Para iso, abórdase, en primeiro lugar, a evolución da normativa internacional na materia, o concepto de trata de persoas e o de corrupción. Deste xeito, delimítase claramente o que se entende, a nivel teórico, por condutas corruptas relacionadas coa trata. Posteriormente, ofrécese unha descrición criminolóxica do fenómeno da corrupción relacionada coa trata en Europa. Isto permite unha mellor comprensión de quen, como e cando pode levar a cabo estas condutas. Partindo desta información, estúdase a resposta penal fronte á corrupción relacionada coa trata en España, a través da análise dogmática do artigo 177 bis 5 do Código penal e da xurisprudencia ao respecto. Finalmente, con toda a información obtida, propóñense medidas para mellorar a represión e a prevención destes comportamentos, destacando a importancia de superar a perspectiva meramente criminocéntrica.