Hidrógeno y su almacenamientoel futuro de la energía eléctrica

  1. Roque Aguado Molina
  2. José Luis Casteleiro Roca
  3. Esteban Jove Pérez
  4. Francisco Zayas Gato
  5. Héctor Quintián Pardo
  6. José Luis Calvo Rolle

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-798-5

Ano de publicación: 2021

Tipo: Libro

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497497985 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumo

O almacenamento de enerxía é vital nunha economía global moderna, na que as enerxías renovables, cun inherente carácter variable e estacional, adquiran un protagonismo maioritario. Unha opción para o almacenamento de enerxía consiste na produción de hidróxeno a través da electrólise da auga con excedentes de electricidade de orixe renovable, que posteriormente pódese utilizar novamente para producir electricidade nunha pila de combustible, un motor de combustión interna ou unha turbina de gas, entre outras numerosas aplicacións. O almacenamento de hidróxeno renovable, cada vez máis preto de alcanzar a competitividade económica, está a gozar dun impulso político e empresarial sen precedentes, e espérase que a cantidade de proxectos e políticas favorables no mundo aumenten rapidamente nos próximos anos. O crecente interese nesta alternativa de almacenamento está motivado pola urxencia da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, pola caída dos custos das enerxías renovables e polos desafíos de integración de sistemas enerxéticos derivados da crecente participación das enerxías renovables non xestionables. Este libro trata de examinar as distintas tecnoloxías dispoñibles para a produción, almacenamento e utilización final do hidróxeno como vector enerxético.