La mediación en Derecho Administrativo en el ordenamiento jurídico españolestudio desde una perspectiva iberoamericana

  1. Dobarro Gómez, Cristobal
Dirixida por:
  1. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de decembro de 2023

Tribunal:
  1. Ricardo Rivero Ortega Presidente
  2. Marta García Pérez Secretario/a
  3. Josep Ramon Fuentes Gasó Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 824284 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

É indiscutible que a mediación, como método alternativo de resolución de conflitos (ADR), tivo un gran auxe na súa implantación a nivel global nas últimas décadas. Con todo, a utilización desta institución para resolver conflitos en materia de Dereito Administrativo, tivo un desenvolvemento moito máis contido, debido ás particularidades da singular relación existente entre a Administración Pública e os cidadáns. A utilización da mediación neste contexto supón un novo leito de participación máis intenso para os cidadáns, na resolución dos seus conflitos coa Administración, desde a perspectiva do dereito fundamental á boa administración. Nesta tese pretendemos estudar as características principais da mediación administrativa nos ámbitos extra e intrajudicial, no ordenamento xurídico español, pero desde unha perspectiva comparada co contexto dos ordenamentos xurídicos iberoamericanos. Das conclusións e premisas que extraemos deste estudo da mediación en Dereito Administrativo, formulamos unha serie de propostas de lege ferenda, ao obxecto de que poidan servir como referente no futuro desenvolvemento de normas xurídicas reguladoras desta institución no ámbito administrativo, tanto no ordenamento xurídico español como no do resto de Iberoamérica.