La persona jurídica como parte pasiva del proceso penal

  1. Neira Pena, Ana
Dirixida por:
  1. Agustín-Jesús Pérez-Cruz Martín Director
  2. Xulio Ferreiro Baamonde Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 01 de febreiro de 2016

Tribunal:
  1. Michele Taruffo Presidente/a
  2. Olga Fuentes Soriano Secretario/a
  3. José Vicente Gimeno Sendra Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 406007 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Co definitivo derrubamento do principio societas delinquere non potest no ano 2010, as persoas xurídicas pasaron a ser susceptibles de auténticas penas. Dado que o proceso penal é a única forma apta para a imposición de tales sancións, faise preciso realizar unha labor hermenéutica, a fin de adaptar a xustiza penal a esta nova parte pasiva do proceso. Neste senso, hai que ter en conta que tanto o Dereito Penal como o Dereito Procesual, históricamente, foron concibidos para asignar e axuizar responsabilidades individuais polo que a irrupción das persoas xurídicas obriga a adaptar modelos, de natureza esencialmente antropomórfica, a entidades de natureza ficticia e incorpórea. As esenciais diferenzas ontolóxicas entre persoas físicas e xurídicas pugnan coa necesidade de establecer un estatuto xurídico procesual único para a parte pasiva do proceso penal. A este respecto, é preciso respectar o dereito do inculpado a un xuízo con tóda-las garantías, evitando situacións de indefensión, constitucionalmente prohibidas, pero sen caer nun mimetismo acrítico entre a persoa humana e non humana, que descoñeza a súa especial e dispar natureza.