Análisis y detección de ataques informáticos mediante sistemas inteligentes de reducción dimensional

  1. Vega Vega, Rafael Alejandro
Dirixida por:
  1. Héctor Quintián Pardo Co-director
  2. Esteban Jove Pérez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de abril de 2022

Tribunal:
  1. Francisco Javier de Cos Juez Presidente/a
  2. Isabel Fernández-Ibáñez Secretario/a
  3. Pablo Chamoso Santos Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 718953 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Este traballo de investigación aborda o estudo e desenvolvemento dunha metodoloxía para a detección de ataques informáticos mediante o uso de sistemas e técnicas intelixentes de reducción dimensional no ámbito da ciberseguridade. Esta proposta pretende dividir o problema en dúas fases. A primeira consiste nunha redución dimensional do espazo de entrada orixinal, proxectando os datos nun espazo de saída de menor dimensionalidade mediante transformacións lineais ou non lineais que permitan unha mellor visualización da estrutura interna do conxunto de datos. Na segunda fase, introdúcese a experiencia dun experto humano, que lle permite achegar os seus coñecementos etiquetando as mostras en función das proxeccións obtidas e da súa experiencia sobre o problema. Esta proposta innovadora pon a disposición do usuario nal unha ferramenta sinxela e proporciona resultados intuitivos e facilmente interpretables, que permiten facer fronte a novas ameazas ás que o usuario non estivo exposto, obtendo resultados altamente satisfactorios en todos os casos reais nos que se aplicou. O sistema desenvolvido validouse sobre tres supostos reais diferentes, nos que se avanzou en canto ao coñecemento cun claro fío condutor de avance positivo da proposta. No primeiro caso, realízase unha análise dun coñecido conxunto de datos de malware Android, no que se realiza unha caracterización das distintas familias de malware mediante técnicas clásicas de reducción dimensional. Para a segunda das propostas trabállase sobre o mesmo conxunto de datos, pero neste caso aplícanse técnicas máis avanzadas e incipientes de reducción dimensional e visualización, conseguindo que os resultados se melloren notablemente. O último dos traballos aproveita o coñecemento dos dous traballos anteriores, e aplícase á detección de intrusos en sistemas informáticos en datos da rede, nos que se producen ataques de diversa índole durante os procesos normais de funcionamento da rede.